top of page
PAULA QUIROGA

1996
Lugo

 

Recentemente obtén o máster en Dirección de Fotografía na Escola Superior de Cinema e Audiosuais de Cataluña (ESCAC). Na actualidade traballa na dirección de fotografía de proxectos audiovisuais documentais e de ficción.
 

Comeza a súa carreira coa dirección do documental Outra Coruña Posible e o proxecto multimedia Raíces Doces (Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro). En 2020 dirixe a serie Conseguiremos en colaboración coa Real Academia Galega e a  Universidade de Santiago de Compostela para promover o uso do galego entre a mocidade (Premio Clúster Audiovisual Galego 2020). 



 

Membro de OllO

Colectivo multidisciplinar que traballa na creación, divulgación e difusión de historias relevantes para a sociedade a través da narrativa audiovisual.

 

Fotoperiodista 

Nos medios La Voz de Galicia e Ligeia.

 

Redactora  

No Centro de Colaboraciones Solidarias de Madrid, El Heraldo,  Los Tiempos e La Onda Digital. 

 

 

bottom of page